Comedores escolares do Val Miñor: “Estamos a mexar plástico!” (Valminor.info)

(Noticia publicada en Valminor.info.)

Estamos a mexar plástico! A advertencia queda roldando unha sala ateigada de nais e pais con nenos que asisten aos comedores escolares do Val Miñor. A arrepiante alerta procede dunha conferencia do catedrático de Medicina da Universidade de Granada, Nicolás Olea Serrano, cuxo vídeo acaban de ver. Na mesma, o especialista que co seu equipo analizou máis de catro mil placentas procedentes de sete autonomías do Estado español, expón os resultados onde salienta o crecemento exponencial de doenzas nas crianzas por mor do consumo de alimentos contaminados por plásticos.

De seguido, o biólogo César Lema presenta un informe baseado nos datos aportados pola Organización Mundial da Saúde (OMS), sobre as sustancias químicas que perturban a función endócrina (State of the Science of Endocrine Disrupting Chemicals), se conclúe que ” moitas sustancias químicas sintéticas (a maioría procedente dos plásticos) cuxos efectos sobre o sistema hormonal aínda están por investigar poderían ter importantes repercusións na saúde”.

Tanto na conferencia de Olea Serrano como na intervención de Lema descríbense polo miúdo como se contaminan os alimentos envasados ou servidos en plástico, sobre todo se sofren cambios bruscos de temperatura. A sala fica calada e escoita. Todos eles son nais e pais de nenos da bisbarra que están a comer nas devanditas bandexas, traídas no caso de Gondomar dende unha empresa localizada en Santiago. Entre os oíntes hai pediatras que asisten ás crianzas de Baiona, Gondomar e Nigrán e representantes das ANPAS dos tres concellos.

Finaliza a xuntanza cunha improvisada mesa de intercambio. O médico de Baiona Ignacio Porrit Lueiro explica aos pais as dificultades que ten ata de agora os científicos para presentar conclusións definitivas. Unha certeza que leve ás autoridades a modificar as leis que de momento dan luz verde ás bandexas de policarbonato ou polipropileno. O que fixo que por exemplo o Concello de Gondomar e a empresa concesionaria dos comedores escolares do municipio escudáranse no certificado de legalidade das mesmas para non cambiarllas por outras de louza ou aceiro inoxidábel como desexan os pais e nais do CEIP Souto Donas.

A pediatra Teresa Valls do Centro de Saúde da Xunqueira apoia as reflexións de Porrit e xuntos coinciden que ben estaría seguir unha “política de precaución”, como recomendan tanto da OMS como da Unión Europea en casos como este de dúbidas pero con indicios importantes da presenza de tóxicos que afecten á saúde. César Lema lembra que tamén pesticidas como o DDT “foron legais” ata que tras anos de teima dos investigadores e miles de doenzas e mortes chegaron as leis para prohibilo.

A sesión se desenvolve na Aula de Cultura Ponte de Rosas, de Gondomar. Varios representantes das ANPAS locais toman a palabra por quendas, e sacan a relucir que xa en varios comedores de Vigo e outras partes de Galicia xestionados por ANPAS e non polas administracións, desfixéronse das bandexas plásticas.

Hai vontade de traballar no tema e que este problema integre a axenda da coordinadora de ANPAS de todo o Val Miñor. De momento a iniciativa dos pais do Souto Donas está nas redes cunha petición #plasticomedoresNON! Evita que os nosos fillos coman plástico, aloxada na plataforma change.org para que a xente apoie a campaña. A fornece un blog onde pódese atopar informes e vídeos, así como detalles das mobilizacións que están a desenvolver.

As crianzas que acompañaron aos seus pais están cansos e xogan carreiras entre as fileiras de cadeiras. Algúns aproveitan a percorrer a mostra fotográfica do nigranés Juan Chamorro que enxoian as paredes da sede do Instituto de Estudos Miñoranos. En pequenos grupos fálase do remate dos cursos, a chegada do verán e todo o que terá que moverse para que os reclamos cheguen a bo destino.

Advertisements

Deixa o teu comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s