Grazas polas +3.000 sinaturas recollidas online!

En nome das nais e país do CEIP Souto-Donas de Gondomar queremos agradecer a todas as persoas que firmastes na plataforma Change.org (máis de 3.290 cando publicamos isto!), así como as que asinaron a pé de cole durante estas semanas.

Este venres día 13 ás 10:00h entregaremos todas as sinaturas recollidas no concello de Gondomar e aproveitaremos para convocar os medios de comunicación.

Parece que a presión por parte de todas as persoas que estades a asinar e o esforzo das nais e pais do Souto-Donas está facendo efecto. A concelleira responsable dos comedores escolares de Gondomar, Patricia Duran, comunicounos que están a preparar a nova convocatoria do concurso público das empresas de catering para os dous vindeiros cursos, e que van incentivar coa máxima puntuación posible no concurso as empresas que utilicen vaixela de vidro atemperado ou de louza. Por suposto, que ata que non vexamos os nenos e nenas comer e beber en vaixela de louza ou vidro temperado non poderemos botar as campás ao voo; aínda así, as expectativas son muito mellores que dous meses atrás, e gran parte da culpa tédela vós coa vosa implicación en algo que é de sentido común.

Agora só falta que en todos os coles tanto públicos como privados de toda Galiza, as familias, as ANPAs, se mobilicen para que as nenas e os nenos non sexan tratados como porquiños.

Moitas grazas en nome deste grupo de nais e pais do CEIP Souto-Donas de Gondomar 🙂

Advertisements

One thought on “Grazas polas +3.000 sinaturas recollidas online!

  1. Pais&Nais do CEIP Souto-Donas di:

    Queremos copiar aquí unha fermosa mensaxe recibida:

    O QUE FALTABA POR LER… O MUNDO AO REVÉS… sodes vós os que nos dades as grazas a nós (neste caso a min), cando tiña que ser ao contrario?

    Parabéns e noraboas a tod@s vós, os que estivéchedes loitando por unha causa tan xusta. Mágoa, que denden a distancia que está a Terra Chá, non puidera axudar máis. O único que fixen foi asinar, publicar no Facebook e animar ao meu amigo César.

    Tedes que ser conscientes de que o voso trababallo é moi importante, está claro que tedes que ser xente moi linda. Un consello…non baixedes a garda, ese tipo de xente, a que no seu día puxo a xantar a pícar@s en bandexas asasinas, non é de fiar.

    Se agunha vez decidides vir pola Terra Chá de excursión cos pícar@s, contade comigo desinteresadamente para mostrarvos a Reserva da Biosfera Terras do Miño con máis detalle e dedicación. Ofrécevos o único que sei facer:guiar pola natureza.

    Biquiños a tod@s e moitas GRAZAS.

    Fernán (Guía de Espazos Naturais).

    Blogue persoal: “Entre azul e bos días”

    Web: http://www.rutasvivas.com

Deixa o teu comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s