Presentan 4900 sinaturas ante o Concello rexeitando ás bandexas plásticas nos comedores escolares (Valminor.info)

(Noticia aparecida o pasado venres 13 en Valminor.info)

Un grupo de pais e nais do CEIP Souto-Donas entregaron este mediodía 4.900 sinaturas recollidas na campaña contra a utilización de bandexas plásticas nos comedores escolares. Tras o acto de entrega, mantiveron unha reunión coa concelleira Patricia Durán, responsable dos comedores escolares de Gondomar, quen comprometeuse a buscar alternativas no vindeira convocatoria de servizos de catering, comentaron os pais a VM.info . Unha posible estratexia sería premiar na licitación ás empresas que presenten outros materias substitutivos,  caso das vaixelas de vidro atemperado ou de louza.

Os pais e nais valoran positivamente a reunión.

Para os pais e nais do Souto-Donas  a xuntanza coa edil significou un avance importante só polo feito que a responsable manifestara a vontade das autoridades locais de procurar unha solución que satisfaga a demanda. O maior obstáculo para retirar bandexas de policarbonato ou polipropileno, aínda que contan con informes de advertencia da Organización Mundial da Saúde (OMS), é que a súa utilización é legal no país.

Neste senso, segundo o informado polos pais a VM.info, o Concello de Gondomar procura algún tipo de puntuación na vindeira licitación do servizo que incentive ás empresas presentar alternativas de bandexas noutros materias. Convocatoria que tería lugar no vindeiro mes de xullo segundo estimacións de Durán. “As expectativas son moito mellores que dous meses atrás, cando eramos directamente ignorados”, salienta César Lema, membro do colectivo de pais do Souto-Donas.

Advertisements

Entregamos milleiros de sinaturas no Concello de Gondomar para que os nenos non coman plástico

Parece que a presión por parte de todas as persoas que asinaron contra o uso de vaixelas de plástico no comedor escolar e o esforzo das propias nais e pais do colexio Souto-Donas está facendo efecto.

Entrega de sinaturas no concello de Gondomar, 13 de xuño de 2014

Entrega de sinaturas no concello de Gondomar, 13 de xuño de 2014

Este pasado venres 13 fixemos entrega no rexistro do Concello de Gondomar, dirixidas ao alcalde, 1.400 sinaturas recollidas fisicamente, a maioría a pé dos colexios de Gondomar, Nigrán e Baiona, y as máis de 3.500 recollidas en Change.org ata o momento.

A concelleira responsable dos comedores escolares de Gondomar, Patricia Duran, comunicounos que están a preparar a nova convocatoria do concurso público das empresas de catering para o próximo curso, e que van incentivar co máximo de puntos posibles as empresas que utilicen vaixela de vidro temperado ou de louza. O criterio que van esgrimir e o medioambiental xa segundo a concelleira o criterio de protexer a saúde dos nenos non poden mencionalo xa que ao seren perfectamente legais as vaixelas de plástico as propias empresas poderían botar abaixo a convocatoria.

Isto son noticias que van na boa dirección, se se converten finalmente en feitos. Por suposto, ata que non vexamos os nenos e nenas comeren e beberen en vaixela de louza ou vidro temperado non poderemos botar as campás ao voo; ainda así, as expectativas son muito mellores ca dous meses atrás, cando eramos directamente ignorados pola administración.

Así e todo queremos que se coñeza esta predisposición por parte do concello de Gondomar para que as familias, as ANPAs e outros concellos do país tomen nota, porque as convocatorias dos concursos para os novos caterings se van abrir de contado, segundo nos informaron.

De novo grazas de todo corazón a todas as persoas que nos estades axudando a vencer nesta loita pola saúde de cativas e cativos!

Grazas polas +3.000 sinaturas recollidas online!

En nome das nais e país do CEIP Souto-Donas de Gondomar queremos agradecer a todas as persoas que firmastes na plataforma Change.org (máis de 3.290 cando publicamos isto!), así como as que asinaron a pé de cole durante estas semanas.

Este venres día 13 ás 10:00h entregaremos todas as sinaturas recollidas no concello de Gondomar e aproveitaremos para convocar os medios de comunicación.

Parece que a presión por parte de todas as persoas que estades a asinar e o esforzo das nais e pais do Souto-Donas está facendo efecto. A concelleira responsable dos comedores escolares de Gondomar, Patricia Duran, comunicounos que están a preparar a nova convocatoria do concurso público das empresas de catering para os dous vindeiros cursos, e que van incentivar coa máxima puntuación posible no concurso as empresas que utilicen vaixela de vidro atemperado ou de louza. Por suposto, que ata que non vexamos os nenos e nenas comer e beber en vaixela de louza ou vidro temperado non poderemos botar as campás ao voo; aínda así, as expectativas son muito mellores que dous meses atrás, e gran parte da culpa tédela vós coa vosa implicación en algo que é de sentido común.

Agora só falta que en todos os coles tanto públicos como privados de toda Galiza, as familias, as ANPAs, se mobilicen para que as nenas e os nenos non sexan tratados como porquiños.

Moitas grazas en nome deste grupo de nais e pais do CEIP Souto-Donas de Gondomar 🙂

Recollida de sinaturas contra os #Plasticomedores na Feira das Sementes en Gondomar

A nosa campaña de recollida de sinaturas continúa tanto na Rede como a pé de rúa, nos colexios e nalgúns actos como o do pasado sábado en Gondomar, dentro do XI Encontro da Rede Galega de Sementes.

Moitísimas grazas ás numerosas persoas que nos deixastes escrito o voso apoio!

A pé dos centros e por Internet se recollen firmas en contra do uso das bandexas plásticas no ensino de Gondomar (Valminor.info)

(Noticia publicada en Valminor.info)

Os pais e nais do CEIP Souto Donas mobilizados en rexeitamento do uso de bandexas plásticas nos comedores escolares están a recoller firmas. Queren chegar ás 1000 sinaturas para así presentalas no Concello de Gondomar antes de que se abra o concurso para contratar o novo catering que atenderá aos escolares do municipio. Para iso piden a colaboración da cidadanía para que acompañen a campaña en Change.org e informan que tamén estarán a pé dos coles de todo o Val Miñor con papeletas nas que tamén pódese asinar.

Ao mesmo tempo, abriron unha enquisa no blog do colectivo co xeito de coñecer en que materiais serven a comida nos distintos centros de ensino do país co obxectivo de abrir a campaña en contra das bandexas plásticas en toda Galicia.

Ayúdanos a llegar a las mil firmas contra las vajillas escolares de plástico

Gracias por contribuir a que ya seamos más de 600 personas que hemos firmado en contra de que los niñxs estén comiendo directamente en vajilla de plástico.

Queremos llegar a las 1000 firmas para así presentarlas al concello de Gondomar antes de que se abra el concurso para contratar al nuevo catering.

Así que si todavía no has firmado, ayúdanos a llegar a las 1000 y si lo has hecho ya, recuérdaselo a tus contactos.

Esta es la dirección donde firmar online:

http://www.change.org/es/peticiones/fernando-guiti%C3%A1n-plasticomedoresnon-evita-que-os-nosos-fillos-coman-pl%C3%A1stico#

También estamos recogiendo firmas a pie de cole en todo o Val Miñor, que se sumaran a las de la campaña en Change.org.

Asimismo, hemos abierto una encuesta para saber en que materiales le sirven la comida en los coles a nuestrxs hijxs. La idea es abrir la campaña en contra del plástico en los comedores escolares a toda Galicia. Si tienes un par de segundos, participa en esta sencilla encuesta. Gracias 🙂

Todos os plásticos están baixo sospeita

Plásticos, todos os que estean en contacto con bebidas ou alimentos, e digo todos, están baixo sospeita: “malos”, “regulares” e “bos.

Por exemplo, o Polipropileno din que é un dos plásticos mellores debido a que é mais estable ca outros plásticos que se emplean habitualmente como vaixela nos comedores escolares, e ademais non leva Bisfenol A (BPA) un perturbador endocrino presente en certos plásticos como o Policarbonato que tamén se emprega en vaixelas plásticas nos comedores escolares. Dende que no ano 1990 un equipo californiano de investigación alertara dos efectos estroxénicos do Bisfenol-A pasaron 21 anos ata que a Axencia Europea de Seguridade Alimentar (EFSA) non tivo mais remedio, debido as irrefutables evidencias científicas, de prohibilo. Pero ollo! Só se prohibiu en biberóns. É así é que aínda se empregan platos con BPA en garderías e colexios… algo totalmente incrible!!! De feito en Franza o ano que vén van prohibir o BPA en absolutamente TODOS os recipientes que conteñan bebidas ou comidas para TODA a poboación.

Debemos coñecer tamén que hai outras sustancias nos plásticos que tamén se sabe que funcionan como disruptores endocrinos como son os ftalatos, presentes no Polietileno tereftalato (PET) do que están feitos a inmensa maioría das botellas de auga e demais recipientes desbotables. Os ftalatos están menos estudados có BPA, así que se para prohibir o BPA nos biberóns tardaron 21 anos… imaxinade canto tempo seguiremos comendo, bebendo e mexando ftalatos!

Ah! Pero o Polipropileno (PP) e outros plásticos “bos” como o Polietileno de alta densidade (HDPE) ou o Polietileno de baixa densidade (LDPE) non teñen nin BPA nin ftalatos? Iso din empresas irresponsables e institucións totalmente despreocupadas da prevención das enfermidades… En realidade para fabricar todos os plásticos, malos, regulares e bos, engádenlles aditivos que, por unha banda, o fabricante non indica nas etiquetas —isto é unha das cousas que denuncian no informe da OMS de febrero de 2013 que xa temos mencionado nesta campaña— e, pola outra banda, non se se coñecen os seus efectos: pasan aos alimentos dende o plástico? … O que calquera persoa que estudara Química sabe é que existe un fenómeno que se chama migración, é dicir, que unha parte das sustancias contidas nos plásticos (tantos os seus monómeros como os aditivos que se lles engaden) se desprenden e poden pasar aos alimentos. Esta migración agrávase pola degradación da estrutura molecular que sofre o plástico cando se somete a repetidos lavados con deterxentes, auga quente, ademais das reaccións coas propias sustancias dos alimentos. Como poden afectar estas sustancias a saúde? A unión de unha ou varias sustancias poden ter efectos sinérxicos e incrementar a súa acción? Poden algúns destes aditivos ter tamen efectos estroxénicos? Son demasiadas dúbidas para aceptar calquera tipo de plástico nos comedores escolares se o que queremos é protexermos a saúde dos máis pequenos.

Os aditivos que se utilizan para fabricar os plásticos son:

Antioxidantes, Desactivadores metálicos, Estabilizadores UV (algúns destes produtos protectores dos raios solares xa se sabe que son disruptores endocrinos), Estabilizadores térmicos, Lubricantes, Plastificantes, Axudantes do proceso, Axentes de nucleación, Modificadores de impacto, Recheos e reforzantes, Axentes de acoplamento, Retardantes do lume, Axentes antibloqueantes, Deslizantes, Axentes Espumantes, Biocidas, Corantes.

Neste senso en 2008 sae publicado na revista Science (unha revista científica de primeira orde) que unha equipa de investigadores, facendo estudos con enzimas, encontraron resultados anómalos… Despois de moito averiguar encontraron que dos tubos de plástico polipropileno que empleaban nos experimentos se desprendían dúas sustancias: unha era un desinfectante que se lle vota o plástico no proceso de fabricación e outro era oleamida, un aditivo que se emplea para que os plásticos desmolden ben…. Estas son as palabras do investigador principal, o doutor Andrew Holt:

“É moi difícil dicir se debemos estar preocupados desde un punto de vista da saúde.”

Como podedes comprender, como pais e nais si que deberiamos estar moi moi preocupados. Están saíndo substancias dos plásticos que van parar aos alimentos que inxiren os nosos fillos e fillas, e que non nos advirte ninguén de que poden estar aí… e que tampouco se sabe os seus efectos cales poden ser? É por iso que debemos como pais e nais responsables aplicar o Principio de Precaución que é xustamente o que non aplican nin as empresas nin a administración.